Actúa! (gallego)

castellano català euskera galego

Posicionándote en contra. Visibilizando a túa protesta

Debemos ser a cidadanía quen coloquemos este novo espolio na axenda informativa, mentres os medios de comunicación xerais comuniquen pouco e de esguello sobre esta absurda e inxusta reforma eléctrica.

Para logralo, nada mellor que o KIT DA DESOBEDIENCIA SOLAR, que se compón de faixa, autocolantes, crachás e memoria de accións contra o Oligopolio.

A seguir, propomos pasos concretos para facer que a túa Desolbediencia sexa eficaz e, xunto á de outros e outras millares, se transforme nunha auténtica alternativa enerxética.

1. Únete á Plataforma por un Novo Modelo Enerxético

Máis de un ano de activismo comprometido coa loita contra o cambio climático, a democratización da enerxía, as renovábeis e o emprego. Conectando diferentes sensibilidades para xerar unha resposta unitaria e rigorosa á desorde de quen antepón o seu modelo contaminante, o control dos recursos naturais e os seus beneficios ao interese colectivo. Entra na Plataforma por un Novo Modelo Enerxético.

2. Reducindo as túas necesidades de enerxía. 

O Goberno e as grandes eléctricas queren o mesmo: que utilicemos máis electricidade para poder manter o sistema actual. Soportamos un dos prezos máis caros de Europa, con cada vez máis lares que non poden pagar a electricidade (pobreza enerxética). Non importa o ambiente, só os ingresos das grandes eléctricas.

Temos que actuar. E todo comeza reducindo o noso consumo. Para isto necesitamos coñecer como utilizamos a electricidade na nosa vivenda, oficina ou industria a través de unha auditoria enerxética.

Poderíamos facela cada un e unha de nós, mais loxicamente depende dos nosos coñecementos e da complexidade do traballo. Se necesitas axuda, chámanos ou ponte en contacto cunha empresa especializada do teu lugar.

3. Contratando a electricidade cunha cooperativa verde

Podemos mandar unha mensaxe potente ao sistema con só sacar as nosas facturas da luz do Oligopolio eléctrico. Mostraremos así que non queremos ser clientes de quen mantén un modelo enerxético en contra do interese xeral, ineficiente, suxo, perigoso e non renovábel. Opcións existen.

Algunhas das opcións son as cooperativas de enerxía verde. Non son máis caras, garanten que a nosa electricidade ten unha orixe limpa e, ademais, sen pór en risco en ningún momento a garantía de subministro.

Ao mesmo tempo fomentamos outro tipo de organizacións: aquelas que non se moven pola maximización do beneficio, nas que se fomenta a participación activa e democrática das persoas asociadas e con isto o compromiso e a responsabilidade cidadá a favor dun cambio de modelo enerxético que garanta un mellor futuro.

As cooperativas integradas nesta iniciativa son:

ENERPLUS: Ámbito de actuación en Cantabria e norte de Castela e León. Neste momento encóntrase completando os trámites para comezar a prestar servizo.
– GOIENER: Máis de 500 persoas asociadas, realiza o seu traballo preferentemente no País Basco e Navarra.
– SOM ENERGIA: Acadou recentemente a cifra de 10.000 persoas asociadas. Con orixe en Girona, desenvolve o seu labor como comercializadora en todo o Estado.
– ZENCER: Orixe en Fuengirola (Málaga), presta os seus servizos de comercializadora e axente do mercado eléctrico en todo o territorio estatal.

4. Producindo a túa propia electricidade limpa

Aínda se pode facer moito máis. Desobedecer significa oporse con todos os medios ao modelo contaminante e centralizado que nos queren impor. Posicionarse coa palabra, mais tamén cos aforros.

Queren pechar por completo a porta ao autoconsumo, mais aínda existen alternativas; porque, apesar dos sucesivos recortes contra as instalacións de electricidade renovábel, aínda contamos con proxectos nos que é posíbel participar cunha rentabilidade económica interesante.

Se queres neutralizar a túa pegada ecolóxica producindo enerxía limpa, podes integrarte nos proxectos de:

– ECOOO: A través de instalacións fotovoltaicas en réxime de comunidade de bens.
 VIURE DE L’AIRE: Co seu proxecto de aeroxerador comunitario e de propiedade colectiva.

E se aínda queres dar un paso máis: desobediencia civil

Os paneis da Guerrilla Solar da Fundación Terra están esperando por ti, para dicir non ao inaceitábel ataque ao autoconsumo. Trátase dun pequeno painel de 120 W que se conecta directamente a unha tomada de corrente da túa casa.

Supón, porén, un paso serio, xa que, segundo a lexislación promovida polo Goberno, incluso cunha instalación tan pequena teríanlle que ser aplicados todos os requisitos administrativos e peaxes económicas cos que se penaliza o autoconsumo.

Por todo isto, é importante que este paso se dea de forma coordinada, con apoio cidadán aos desobedientes e aproveitando ao máximo o impacto que poida ter desde o punto de vista da comunicación da acción.

 

mide-tu-desolbediencia

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s